miércoles, 18 de mayo de 2011

II PLAN DE IGUALDADE DE RIVEIRA

FAINOS CHEGAR AS TÚAS PROPOSTAS, APORTACIÓNS E SUXESTIÓNS PARA
O 2º PLAN DE IGUALDADE DE RIVEIRA
Se poderá participar dende este blog:  http:\\riveiraplandeigualdade.blogspot.com ou directamente no buzón de correo electrónico: riveira.plandeigualdade@gmail.com  até o 30 de xuño de 2011.

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO II PIOM
(PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DO CONCELLO DE RIVEIRA)
Dende a Concellería de igualdade, a través do CIM (Centro de Información á muller),estase a emprender a realización dunha Diagnose de Xénero no noso municipio (unha especie de radiografía do estado da igualdade en Riveira), que nos serva como base para a elaboración do que será o II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Riveira ( recollerá as actuacións a emprender nos diferentes ámbitos de competencia municipal nos vindeiros anos para ir avanzando cara unha Riveira máis equitativa entre mulleres e homes).

Convidamos a tódalas persoas a realizaren as súas achegas, demandas, suxestións e a facilitar aquelas informacións que nos servan para ir configurando un mapa de necesidades en materia de igualdade entre mulleres e homes.

Aquí van uns exemplos:

Exemplo 1: visibilizar e recoñecer a contribución de colectivos de mulleres  de Riveira ca realización de actos que rindan homenaxe a determindados colectivos de traballadoras ( auxiliares das fábricas, redeiras, mestras, enfermeiras e auxiliares, coidadoras de dependentes, traballadoras do agro,.....).

Exemplo 2: fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes ca realización de cursos sobre tarefas domésticas para homes e cursos de bricolaxe para mulleres.